Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo crea unha rede de emerxencia social para facer un seguemento periodico daquelas persoas máis vulnerables que viven soas

 Cervo, 18 de marzo, 2020. O Concello está a elaborar un informe preciso e exhaustivo no que se identifican a todos/as os/as veciños/as que se atopan nesta situación a fin de detectar calquera necesidade que puidesen ter nestes días de confinamento polo estado de alarma decretado

A rede está formada polos 12 alcaldes pedáneos –un por cada núcleo de poboación-, os concelleiros delegados, os Servizos Sociais e o servizo de emerxencias municipal

O contacto tentará ser en primeira instancia vía telefónica, se non fose posible por este medio, un membro da rede de emerxencia social achegarase ao domicilio para comprobar in situ como se atopa o/a veciño/a e tomará as medidas que correspondan; dando resposta inmediata a calquera necesidade que puidese ter

Este procedemento repetirase con regularidade e os membros da rede estarán en continuo contacto telefónico ou telemático para coordinar as actuacións precisas, actualizar o informe e tomar as medidas oportunas

Exit mobile version