As tarefas de desinfección comezaron este luns, tanto no centro como nas parroquias, e prolongaranse ata que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno central para facer fronte á incidencia do COVID19.
Este servizo de desinfección presta especial atención ás inmediacións dos supermercados, farmacias, centro de saúde ou paradas de transporte público.
O Concello de Viveiro agradece o traballo do persoal de limpeza e a colaboración dos veciños e veciñas.