Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro habilita un número de teléfono para as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social

 Viveiro, 16 de marzo de 2020. O Concello de Viveiro habilitou un número de teléfono para as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade ou desamparo e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do Covid-19.
O concello considera que é necesario habilitar un número diferenciado para un colectivo específico que nesta situación de confinamento decretada polo estado de alarma pode verse especialmente afectado como é o caso da persoas maiores que non contan con apoio familiar ou social, e poidan atoparse en situación de vulnerabilidade ou desamparo. O numero é o 609 845124.
Estas persoas serán postas en contacto con servizos sociais, que valorarán cada situación de forma individual para adoptar as medidas que en cada caso corresponda. Trátase de que estas persoas conten coa atención necesaria e se lles poida proporcionar, de ser preciso, segundo a correspondente valoración técnica, o servizo a domicilio de produtos de primeira necesidade: farmacéuticos e alimenticios.
O protocolo establecido para xestionar este servizo comeza coa chamada do usuario ao teléfono establecido, no que un empregado municipal se encargaría de tomar nota da situación e dos datos facilitados. Posteriormente dende servizos sociais realizarase un estudo e valoración da situación para,de ser o caso, xestionar conxuntamente con Cáritas este servizo. Finalmente a entrega a domicilio realizarase coa colaboración da Policía Nacional, que ofreceu a súa dispoñibilidade a estes efectos.
O concello lembra que este número é só para este colectivo en concreto e que hai outro disponible para caso de urxencias ou necesidades inaprazables da cidadanía en xeral (982 570909).

Exit mobile version