
Guillermo Vázquez (Viveiro, 1992) participará na sección de curtametraxes coa súa producción ‘Mare’, inspirada nun trastorno de sono que ten a súa nai, a narcolepsia. “Un orgullo para Viveiro, desexámoslle a maior das sortes no Festival, pero só polo feito de ser seleccionado xa é unha gran nova”, asegura a alcaldesa, María Loureiro. ‘Mare’ é a súa primeira obra de ficción e a súa estrea en Málaga será o 13 de marzo.