Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno habilita 37 establecementos turísticos de Galicia para aloxar a traballadores esenciais e viaxeiros que se despracen por causa maior durante o Estado de Alarma

 A Coruña, 25 de marzo de 2020. O Goberno habilita 37 establecementos turísticos de Galicia para que poidan aloxar durante o Estado de Alarma a traballadores de servizos básicos e cidadáns que viaxen ao abeiro dalgunha das excepcións previstas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.
O BOE recolle hoxe a orde ministerial do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola que declaran servizos esenciales a determinados aloxamentos turísticos, e que detalla os establecementos ubicados en Galicia, que se distribúen en 15 na provincia da Coruña, 6 na provincia de Lugo, 5, na provincia de Ourense e 11, na provincia de Pontevedra. No listado inclúense hoteis, aparhoteis, hostais, campings, albergues e vivendas de uso turístico.
En liña co anterior, engadimos que os Paradores de Turismo están incluidos na Orde do Ministerio de Sanidad publicada o 23 de marzo do BOE que posibilita habilitar espacios destes complexos para uso sanitario cando reúnan as condicións necesarias para este uso.
Segundo se explica na orde ministerial, a apertura destes establecementos será considerado esencial e deberán permanecer en funcionamento. Dacordo con este regulamente, estarán pechados ao público xeral, pero acollerán a traballadores de servizos básicos, como profesionais sanitarios, transportistas, membros dos corpos de seguridade, responsables dos sistemas de redes ou eléctricos. Ademais, permitirán que se aloxen cidadáns que viaxen por algunhas das excepcións establecidas no estado de alarma, especialmente se o fan para coidar a maiores, menores, discapacitados ou persoas especialmente vulnerables ou con necesidades de atención sanitaria. Ademáis, tamén poderán dar servizo a todas aquelas persoas que por causa de forza maior ou situación de necesidade requiran asegurar aloxamento puntual con urxencia.

Exit mobile version