Site icon Crónica3.com A Mariña

Os candidatos mariñáns do PP, Elena Candia e Daniel Vega, estiveron presentes este mércores no mercado de Ribadeo nun acto no que aproveitaron para facer entrega á veciñanza do xornal elaborado polo PPdeG e no que se fai balance dos últimos 11 anos de goberno Feijóo

Os populares tiveron palabras de alento ás mobilizacións e protestas promovidas polos traballadores de Alcoa para esixir ao Goberno central que rectifique e corrixa o que denominaron como “estatuto fallido” elaborado polo Goberno de PSOE e Podemos. Desde o PP esixen a Sánchez que acepte todas as alegacións presentadas e consensuadas entre traballadores, patronal da industria electrointensiva e as comunidades de Galicia, Asturias e Cantabria.

Exit mobile version