Site icon Crónica3.com A Mariña

Os prazos para presentar as solicitudes de axudas en materia de vivenda quedan en suspenso mentres dure o estado de alarma

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020. En cumprimento das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da declaración do Estado de alarma, os prazos para a presentación de solicitudes das distintas liñas de axudas convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo quedan en suspenso durante o tempo que dure esta situación.

O cómputo dos prazos volverá a activarse unha vez se volva á normalidade.

Esta medida é aplicable a todas as axudas en materia de vivenda que se atopan en prazo de solicitude actualmente, afectando especialmente a aquelas cuxos prazos remataban nas próximas semanas.

Actualmente as liñas de axudas para as que se poden presentar solicitudes son as seguintes:

Axudas para mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e mellora da seguridade e accesibilidade das vivendas
Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas.
Axudas a promotores de vivendas para alugueiro
Préstamos para rehabilitación de vivendas
Axudas para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
Axudas para adquisición de vivendas en centros históricos
Bono de alugueiro social
Programa de Infravivenda
Rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal

Por outro lado, o Instituto Galego de Vivenda e Solo mantén a tramitación das axudas para aqueles colectivos sociais máis desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade, así como as vítimas da violencia de xénero, ao abeiro do programa Bono de alugueiro social.

Exit mobile version