Site icon Crónica3.com A Mariña

“Os recortes do Partido Popular precarizaron a situación do ensino no País”, afirma Olalla Rodil

 Lugo, 11 de marzo de 2020. A candidata do BNG, Olalla Rodil, visitou no día de hoxe Becerreá, “un perfecto exemplo da realidade demográfica do interior e da montaña de Lugo”. Na visita, a candidata do BNG estivo acompañada por militantes do BNG da comarca. Olalla Rodil afirmou que “puidemos comprobar as consecuencias dos recortes que o PP leva 11 anos aplicando no ensino”. “O ensino na Galiza está nunha situación precaria debido ás políticas do Partido Popular”, declarou a candidata do BNG.

Segundo Olalla Rodil, “para o BNG é urxente recuperar o horario lectivo previo á reforma educativa do PP no 2012 para gañar en dereitos do profesorado do ensino público para garantir que sexa de calidade”. A situación do ensino en moitos centros educativos vese deteriorada pola amortización de prazas, “o investimento máis urxente e preciso é en profesionais do ensino, que son o eslavón necesario para que o estudantado poida saír adiante nos centros do rural”.

“Pensando no rural e nas comarcas do interior do País, precisamos adaptar a oferta educativa, especialmente na Formación Profesional”, indicou Olalla Rodil, que engadiu, “a oferta educativa debe adaptarse á realidade social, demográfica e económica das nosas comarcas”. “Só así poderemos garantir a fixación de poboación e a reactivación económica das nosas comarcas, para poder garantir o futuro”, sentenciou Olalla Rodil

Exit mobile version