Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón alerta das consecuencias económicas dos ERTES en Galiza, a falta de protección das persoas contratadas por ETTs e precarias e pide que Xunta e goberno central actúen contra este impacto

 Santiago de Compostela, 27 de marzo 2020.- A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pide que a Xunta e o Goberno central actúen contra o impacto socioeconómico dos ERTES en Galiza e medidas de protección para todos e todas aqueles traballadores e traballadoras contratados polas ETTs e precarios que perdarán o seu posto de traballo sen precibir ningunha prestación.

Máis autogoberno e política social para saír da crise

A nacionalista, que continúa mantendo encontros diarios, por videoconferencia con colectivos da sanidade, económicos e socias para analizar a situación da crise do coronavius afirmou hoxe, tras a reunión coa delegación da Confederación Intersindical Galega, (CIG), que a crise xa afecta en Galiza ao “10% da poboación activa” e que urxe tomar medidas de protección económica contra as consecuencias deste impacto. Por outra parte, reiterou que é necesario paralizar “toda actividade non esencial” e incrementar as medidas de protección para os traballadores e traballadoras da sanidade, servizos públicos, sector da alimentación e subministros.

Tras analizar diversos aspectos, BNG e CIG coincidiron na necesidade de poñer en marcha medidas urxentes para paliar as consecuencias económicas e sociais que afectan gravemente a Galiza e afirmou que para saír ben da crise será necesario “máis autogoberno e política social”.

É necesaria unha Europa máis social e menos preocupada polos intereses do gran capital

Para a nacionalista, a crise do coronavirus desvelou a verdadeira faciana de Europa, máis preocupada “polos intereses do grande capital” que por responder como unha Europa social. Comprobamos que “chega antes a axuda de China que de Bruxelas”, feito que constata a falta de preocupación de Europa pola saúde e vida das persoas.

BNG e CIG coindiciron na preocupación pola crise económica que seguirá á crise sanitaria con consecuencias, que polo momento, ante as medidas da Xunta e do Estado non permiten albiscar unha saída xusta e avanzou que ambas organizacións redobrarán esforzas para que os tralladores e traballadoras en Galiza non sexan os grandes damnificados da crise do coronavirus.

Exit mobile version