Site icon Crónica3.com A Mariña

Rescatada unha muller que caeu ao mar en Viveiro

 Viveiro, 11 de Marzo, 2020. Unha muller resultou ferida esta mañá despois de caer ao mar xunto a lonxa nova de Celeiro, en Viveiro.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller puido ser rescatada polos bombeiros en colaboración co Servizo Municipal de Protección Civil e a Policía Nacional. Unha vez fóra da auga, foi trasladada nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a un centro hospitalario.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 11:40 horas para dar conta do ocorrido.
Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil, dos Bombeiros de Viveiro e da Policía Nacional e Local.

Exit mobile version