Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta acomete este martes labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de 20 concellos da provincia, 10 deles na Mariña

 Lugo, 31 de marzo de 2020. A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de 20 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.
Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na zona da Mariña,

​Alfoz
Centro de saúde
O Valadouro
Centro de saúde e residencia
Xove
Centro de saúde e residencia San Bartolomeu
Ourol
Centro de saúde
O Vicedo
Centro de saúde
Barreiros
Centro de saúde
Lourenzá
Centro de saúde
A Pontenova
Centro de saúde
Trabada
Centro de saúde e residencia para persoas maiores
Mondoñedo
Centro de saúde, residencia San Rafael e centro asistencial San Pablo e San Lázaro

Exit mobile version