Site icon Crónica3.com A Mariña

105.696 reproducións na Semana Santa virtual de Viveiro

 Viveiro, 13 de abril, 2020. Desde a Xunta de Confrarías e despois de vivir unha Semana Santa que xamais podiamos imaxinala, e aínda que a tristeza foi grande e faltáronnos as vivencias reais que con tanto esmero tiñamos preparado, Programa Adral, Exposicións, Pregón, Procesións etc. Todo iso quedou en reserva para a Semana Santa 2021.

Pero a Xunta de Confrarías quere transmitir a todos que a nosa SEMANA SANTA 2020, vivida de forma Virtual desbordounos, rompendo todas as supostas intervencións que puidésemos ter e que segundo as nosas previsións podiamos alcanzar.

Logramos a cifra de 105.696 reproducións, para todos os que fomos seguindo día a día as visualizacións en liña isto parecíanos impensable, e desagregando dita cifra total, temos o seguinte resultado: Reproducións a través de youtube 18.362; a través de Facebook: 87.334. Interacións: 42.337. Persoas acadadas: 308.041.

A satisfacción da Xunta de Confrarías é tan grande, que queremos transmitila a todos, pero dunha maneira especial aos que nos seguiron a través das redes xa que nos proporcionaron un termómetro que nos dá idea do moito que se quere a Semana Santa de Viveiro e que nas circunstancias que nos tocou pasala tan tristes e de tanto dor permitiunos chegar ás casas ás familias e a todos cunhas vivencias, coas gravacións, que foi unha Semana Santa diferente pero moi intensa e que serviu para romper as transmisións que nos fan sentir a realidade cruenta destes días aciagos.

Desde estas liñas queremos agradecer o esforzo dos que fixeron posible que estas gravacións saísen adiante en tempo e en forma e cunha comunicación impecable. En primeiro lugar ao Presidente da Xunta de Confrarías José Veiga home incansable que non regatea esforzos en dedicarllos á nosa Semana Maior e que ao longo do ano dedícase a seleccionar o material para telo en arquivo, a Andres Basanta tamén da Xunta de Confrarías que se encarga do traballo nas Redes, pagina web entre outros asuntos, estando pendente toda a semana das transmisións e facilitar as súas ligazóns. E non podemos esquecernos de Horacio Albo. Antonio Masafret. Rafa Rivera. Antonio Navarrete e Jose Luís Moar que nos cederon desinteresadamente os seus traballos de gravación.

A Xunta de Confrarías quere volver realizar este traballo de emisións porque é moita a xente que así nolo está demandando, explicándonos que non a todos élles posible desprazarse a Viveiro nesas datas e así senten unidos connosco, outros que non poden saír ás rúas e así un longo etc. Desta maneira será un complemento e poder levar a todos os fogares o que para Viveiro é un orgullo a súa SEMANA SANTA non en balde declarada de Interese Turístico Internacional e na que se está preparando a solicitude de Ben Inmaterial.

Seguimos opinando que temos unha “Semana Santa Grande nun pobo pequeno” que é unha Semana Santa SENTIDA, a súa vivencia non é só lúdica senón espiritual base e fundamento.

Exit mobile version