A vicepresidenta Maite Ferreiro adiantou a vontade de crear unha liña de axudas para contribuír a reactivar o sector.
“Traballamos para sacar adiante medidas concretas que axuden as librarías a sobrelevar as consecuencias desta crise. Na medida das nosas posibilidades, contribuiremos a que cando se relaxe o confinamento e se recupere certa normalidade as librarías continúen coa súa actividade, que vai máis aló das vendas de libros, porque son auténticos focos de cultura e sustentan un sector que involucra moitos outros colectivos, escritora@s, ilustrador@s, traductor@s”, sinalou.
A vicepresidenta tamén explicou que a área de Cultura traballa na adaptación das convocatorias e programas anuais ás novas circunstancias. O obxectivo, precisou, é “seguir achegando recursos que dean osíxeno aos profesionais da cultura e tamén ás asociacións de base”