Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro únese á campaña de promoción comercial denominada, “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón”

 Viveiro, 3 de abril, 2020. A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro únese á campaña de promoción comercial denominada, “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón” posta en marcha dende a Asociación Galega de Xerentes de CCAS do 1 ao 12 de abril, cos obxectivos de:

1. Dar a coñecer esta nova asociación formada polos xerentes de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia.
2. Recordar aos nosos clientes que o comercio local está ao seu carón, nestes momentos duros e seguirá estando cando entre tod@s venzamos ao Covid-19. Un sentir de unidade do comercio local.
3. Premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade do noso tecido comercio.

Para participar nesta campaña @s interesad@s deberán acceder á conta de facebook da Asociación e buscar o post do concurso. A participación é moi sinxela, xa que só haberá que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou video e indicar a poboación onde lles gustaría comprar no caso de gañar un dos vales compra.
Tod@s aqueles que participen, entrarán no sorteo de 27 vales compra de 50€, un por cada CCA que participe na campaña, que se poderán gastar nos establecementos asociados.
O sorteo realizarase o 13 de abril, e cada asociación adherida á campaña porase en contacto con gañad@r para comunicarlle a entrega do premio e o listado dos negocios onde poderá gastalo.

Exit mobile version