Por un lado, se está xestionando a compra de material de protección para establecementos e clientes, facendo dos negocios da vila lugares de compra segura. Esta semana chegarán as primeiras 800 unidades de mascarillas, ás que se prevé se unan pedidos posteriores para dar cobertura a tódolos negocios asociados. Tamén se está a xestionar a compra de dispensadores de xel hidroalcohólico para colocar nas entradas de tódolos locais, así como os litros de xel necesarios para poñelos en funcionamento dende o primeiro momento no que tódolos negocios poida abrir. Asimismo, se contactou con empresas da zona para ter de man a fabricación de mamparas protectoras e máscaras de protección. O obxetivo é estar preparados para cando se poida volver abrir facelo con tódalas garantías sanitarias requeridas facendo do comercio da vila un “Comercio Seguro”.
O segundo punto no que traballan é na posta en marcha dunha plataforma para a venda on line. Este era un tema no que facía meses se viña traballando e ca crise do Covid19 se fai necesario que poña en marcha canto antes. Aglutinará negocios de tódolos sectores que poderán dar saía ós seus productos de xeito dixital, axudando así ás ventas que se fagan na tenda física; cós cambios que se están a producir nos hábitos de consumo xa non podemos pensar nunha sóa forma de venta, presencial e dixital deberán ir da man.
A plataforma será atractiva e fácil de usar, de modo que se atope de xeito moi sinxelo aquelo se se está a buscar, facendo énfase na cercanía, na proximidade e na confianza que aporta o comercio local pero agora dende o punto de venda online. Búscase, sobre todo, promocionar o producto do comercio local, a seguridade que aporta saber que estás mercando en tendas de confianza, con produtos de calidade e con prezos competitivos.
Dende a Directiva do Centro Comercial Histórico de Viveiro valoran de xeito moi positivo a reunión mantida có Concello de Viveiro o pasado venres mediante videoconferencia. Nesa reunión a presidenta da asociación, Dolores Perez, trasladou as medidas que consideran que é necesario poñer en marcha dende o Concello para axudar a pymes e autónomos a afrontar a crise derivada da situación actual. Medidas que foron escoitadas por parte do Concello e que se comprometeron a valorar.