Site icon Crónica3.com A Mariña

A Confederación de Anpas galegas demanda que a Consellería defina claramente os criterios que se van tomar para o desenvolvemento deste último trimestre do curso académico

Santiago de Compostela, 18 de abril, 2020. Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS demandamos unha vez máis que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional defina claramente os criterios que se van tomar para o desenvolvemento deste último trimestre do curso académico xa que ten competencia plena na materia, nas seguintes cuestións, que non aparecen resoltas nas “Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20”:
• Vaise avanzar nos contidos neste trimestre, si ou non?
• Como se vai estruturar á recuperación das materias suspensas na primeira e na segunda avaliación?
• Como van recuperar os alumnos que non poidan ou non queiran conectarse?
• Como van facer para identificar ao alumnado desconectado por diversas causas?
• Como van facer o seu seguimento para poder repasar, reforzar e recuperar no caso de que o necesiten?
• Como se concretan as especificidades de fin de etapa?
• Cal vai ser a diferenza entre as actuacións dos equipos de orientación ata agora e a partires de agora?
• En canto ás Necesidades Educativas Especiais, cales van ser as ferramentas (5 semanas máis tarde) para favorecer o acceso o currículo por medio de adaptacións, tempos e apoios?
• O Ministerio de Educación falou de abrir os centros no mes de xullo, si as condicións sanitarias o permitían, que centros van abrir?. Para que alumnos? Estes terán servizo de transporte e comedor? Que tipo de actividades van facer ? Quen os vai acompañar?
• Para poder titular en 4º de ESO e 2º de BACH, van realizar algunha proba específica?
• Cal vai ser o número de materias coas que podería pasar de curso?
• Que criterios van seguir para saber quen podería promocionar?
• Quen vai realizar o informe debidamente argumentado para decidir os que non promocionan?
• Vanse ter en conta as novas posibles condicións económicas das familias no caso de que antes do inicio do próximo curso cheguen a retomar ou ampliarse servizos complementarios como o transporte e comedor?
• Cales son os plans para solucionar as desigualdades, dixitais ou materiais, que esta situación saca á luz, ou mesmo provoca nas familias?
•Agradecemos, na medida do posíbel, que estas cuestións tamén se reflexen nas instrucións definitivas para que non poidan levar a dúbidas nin interpretacións.

Exit mobile version