O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere agradecer “a importante achega económica, que axudará a paliar as necesidades derivadas da crise económica e sanitaria que trouxo consigo o coronavirus. O servizo de Asuntos Sociais pasou de atender as necesidades alimentarias de 17 familias ás 65 que temos actualmente. É de agradecer o esforzo que fai a Fundación para contribuír a que ninguén se quede atrás nesta crise.”
O presidente da Fundación e párroco de Foz, Antonio Valín Valdés, mostrouse moi satisfeito por poder facer esta achega económica e que o Concello de Foz poida desenvolver as medidas sanitarias e sociais que precisan as veciñas e veciños de todo o concello, especialmente da parroquia de Vilaronte, á que está asociada a Fundación.