Site icon Crónica3.com A Mariña

A gala benéfica “Alfoz solidario” buscará nova data de celebración

 Alfoz, 4 de Abril de 2020. A situación actual provocada pola pandemia do coronavirus (Covid-19), fixo que a organización da gala benéfica “Alfoz Solidario”, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc), tomara fai dúas semanas a decisión de pospoñer o evento. Inicialmente a gala estaba programada para o vindeiro 25 de Abril, polo que a organización avisou a colaboradores e asistentas do seu aprazamento aínda que sen indicar, polo momento, a nova data de celebración.
Desde a organización indican que a gala benéfica buscará unha nova data de celebración “cando as cousas volvan á normalidade”, e engaden “non sabemos o que vai durar esta situación, pero a xente vai notar as consecuencias mais aló de que remita o estado de alarma, polo que tempo haberá de fixar unha nova data”.
Dado que as entradas xa se tiñan posto á venta, desde a organización, recordan que aquelas perdoas que as mercaron poden optar pola devolución do importe ou por gardalas para a próxima data que se decida, “pois non perderán validez”, indican. Ademais agradecen de novo a implicación de todos os colaboradores e interesados nesta causa solidaria.

Exit mobile version