A subdelegada fixo entrega de mascarillas á Cruz Vermella e a Cáritas, para facilitar a protección dos traballadores e voluntarios que colaboran nestas dúas entidades e destacou o importante labor social que desenvolven ambas entidades na provincia. Así, a Cruz Vermella, que conta con 112 traballadores e 500 voluntarios ocúpase de importancias de axuda e acompañamento a persoas maiores, a persoas sen teito, a afectados por dano cerebral e a drogodependentes, entre outros colectivos. Pola súa parte, Cáritas, con 29 traballadores e máis de 500 voluntarios, céntrase especialmente na xestión de comedores sociais e atención a persoas sen recursos.
Rodríguez tamén participou esta mañá na distribución de mascarillas a representantes de colectivos do tecido económico lucense como panadeiros e taxistas, e das máis de 70 asociacións integradas na CEL que representan a totalidade do tecido asociativo empresarial de Lugo.
Ademais, a Subdelegación do Goberno extendeu a toda a provincia a distribución deste material sanitario, a través dun dispositivo que organizou coa participación da Policía Nacional e a Garda Civil, e comezou a distribución de mascarillas en residencias de persoas maiores da comarca da Mariña.