Dentro da devandita campaña, tamén se distribuiron mascarillas a usuarios do transporte colectivo na provincia, a entidades sociais como Cáritas, Cruz Vermella e Aspnais, a colectivos profesionais como taxistas e panadeiros e a asociación empresariais coa finalidade de que o maior número posible de traballadores da provincia de Lugo que realizan labores de interse social ou son empregados de sectores esenciais dispoñan deste tipo de material.
Para levar a cabo esta campaña de distribución das mascarillas na provincia, a subdelegada organizou un dispositivo no que se movilizaron, durante toda a semana, axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, nalgúns casos contando tamén coa colaboración das Policías Locais, a Policía Autonómica e de Agrupacións de Protección Civil. A todos eles, Isabel Rodríguez agradeceulles expresamente a súa implicación e compromiso social.