Site icon Crónica3.com A Mariña

“Alimentación saudable en tempos de confinamento”, nova actividade da aula de Foz da UNED

 Foz, 13 de abril, 2020. Desde a aula de Foz ponse en marcha esta actividade que pertence ao ciclo Coidámonos.

A alimentación é clave para atoparnos ben. Sempre hai que coidar o que inxerimos e apostar por unha alimentación saudable. E os expertos lémbrannos que ese coidado debe manterse vivo durante este confinamento domiciliario de forma moi especial.

Do 15 ao 17 de abril de 2020, de 17:00 a 18:30 h. Os expertos: Alba Vila Reija (Dietista- Nutricionista) @alba. vila. diet, Saray Río Trigo (Especializada en nutrición clínica, obesidade e nutrición infantil) @ nutretuplato, Noel López Pinín ( Dietista. Máster en Nutrición e coaching) @ noelnutricion, explicarannos o importante de:

-Establecer unha disciplina de HORARIOS.

-Manter as cinco comidas diarias, manter o ritmo intestinal, manternos activos e a descansar durante as horas de soño.

-Planificar un menú semanal para evitar cociñar en exceso e comer os restos resultantes.

-Para os intres de “ABURRIMENTO” evita azucres simples.

Este curso é gratuíto e realízase online.

Exit mobile version