Site icon Crónica3.com A Mariña

Antón Sánchez: “O benestar dos maiores non pode ser moeda de cambio”

Compostela, 3 de abril de 2020. O voceiro do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, trasladará hoxe ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á Conselleira de Políticas Sociais Fabiola García, as propostas da coalición Galicia en Común-Anova Mareas para superar a crise do Covid-19.

A señora Fabiola García, subliña GeCAM, comparece despois dunha petición unánime do conxunto da oposición rexistrada esta mesma semana. Sánchez insistirá na encesidade de reverter as políticas de privatización da sanidade e dos servicios sociais aplicadas por Feijóoo

“Desgraciadamente agora vemos como a estratexia de privatización das residencias de maiores -case o 80% no noso país- asentouse nun modelo no que a administración se desentendeu das súas obrigas de vixiar e inspeccionar, convertendo un servizo para a atención dos nosos maiores nun lucrativo negocio”, dixo Antón Sánchez antes do inicio da sesión da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.

“Estamos diante dun problema no que a Xunta de Galicia foi incapaz de anticiparse pese a que xa había exemplos desta problemática en Italia e en Madrid, no que o primeiro caso foi rexistrado o 6 de marzo. Perdeuse calquera capacidade de anticipación pola inacción da Consellería de Política Social, que tardou semanas en intervir as residencias con positivos de Covid 19, tutelar as residencias privadas afectadas e reforzar aos traballadores e traballadoras con material de protección de calidade para impedir os contaxios”, subliñou.

Sánchez insistíu en durante os anos de Goberno do Partido Popular se desoíron as denuncias tanto das traballadoras e dos traballadores como das familias, que sinalaban as condicións de precariedade do servizo e a falta de persoal.

“O lucro das empresas concesionarias estaba por diante da calidade na atención e as condicións laborais dos profesionais. Seguimos á espera de datos sobre a aportación da sanidade privada para a loita contra o Covid-19”, insistíu.

A xuízo do voceiro de Común da Esquerda, a inacción tamén chega á hora de despregar as competencias para protexer á cidadanía nestes momentos tan complicados. “Dende Galicia en Común-Anova Mareas propuxemos, como xa están a facer outros gobernos autonómicos, axudas directas para os autónomos. Tamén unha Renda Social para aquelas persoas que quedaron sen ingresos, e axudas para as persoas que teñen problemas a afrontar o pago do alugueiro como consecuencia desta crise”

Esta falta de compromiso contrasta cunha década de políticas nas que concederon beneficios fiscais aos grandes patrimonios e se favoreceron determinados intereses económicos e empresariais.

Dende Galicia en Común-Anova Mareas consideramos que neste momento é necesaria unha política fiscal xusta e progresiva onde quen máis ten aporte máis, para que esta crise non a paguen só os de abaixo.

Exit mobile version