Site icon Crónica3.com A Mariña

As dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono que puxo en funcionamento a Delegación Territorial da Xunta levan a cabo esta semana a limpeza de 12 vehículos de seis agrupacións de voluntarios de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais da provincia

Este mércores ocupáronse da limpeza de seis vehículos das AVPC de Pol, Vilalba e O Vicedo; e para o veners está previsto que desinfecten equipamento das AVPC de Lourenzá e Guitiriz e do GES de Monterroso. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, apuntou que esta é unha das iniciativas adoptadas pola Xunta para tratar de frear a expansión do coronavirus, neste caso hixienizando recursos de servizo público. Estas unidades utilízanse para desinfectar os coches da Administración e da Policía autonómica, así como os das agrupacións de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia.

Exit mobile version