Site icon Crónica3.com A Mariña

CCOO alerta da perda de 32 000 postos de traballo no mes de marzo como consecuencia da crise do COVID-19

Compostela, 14 de abirl, 2020. Comisións Obreiras (CCOO) alerta da perda de 32 353 postos de traballo no mes de marzo como consecuencia da crise do COVID-19, o 3,2 % do total. Segundo os datos da Seguridade Social, o maior axuste produciuse entre os traballadores e traballadoras por conta allea (94,14 % do total). Así as cousas, Galicia volve estar por baixo do millón de afiliacións, «situación que non se producía desde hai un ano», lamenta a secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza.

Para a sindicalista, o dato é «especialmente grave» tendo en conta que o mes de marzo adoita ser positivo para o emprego e que toda a destrución de postos de traballo «se concentrou en só dúas semanas». Isto tamén revela unha «precipitación» por parte de moitas empresas, que «alixeiraron rapidamente os cadros de persoal sen agardaren a saber como evolucionaría a crise sanitaria ou se tiñan condicións para resistir a situación».

O groso desta perda de postos de traballo débese á finalización de contratos temporais e aos despedimentos individuais motivados pola crise do COVID-19, «que padeceron aquelas persoas que non se pudieron benificiar dun ERTE, que non implica baixa na Seguridade Social», puntualiza Bouza. Por volume de emprego, «probablente se trate dos sectores do comercio, hostalaría e restauración», que son as actividades que primeiro tiveron que parar, se ben a propia Seguridade Social non desagregou por sectores estes datos.

Chamamento á Xunta

Desde CCOO faise un chamamento á Xunta de Galicia para que no seu ámbito de competencias complemente as medidas postas en marcha polo Goberno central e atenda especialmente aos autónomos e pequenas empresas. «Cómpre habilitar mecanismos que lles permita aliviar os custos xerados pola situación actual e evitar situacións dramáticas como sería perda de máis postos de traballo», conclúe Bouza.

Exit mobile version