Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente nivel nas fotografías do concurso #omeumarfavorito de crónica3 o e Galp Mariña-Ortegal. Segue en marcha ata o 15 de maio

A Mariña, 21 de abril, 2020. Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal presentan o concurso fotográfico #omeumarfavorito. Con el queremos poñer en valor a importancia do mar nas nosas vidas. Por elo convidámoste a que subas unha foto túa do mar (contigo ou sen ti) cun breve texto no que expliques porqué non podes vivir sen el.
Deberás facelo no twitter @redacCronica3 co cancelo #omeumarfavorito. Senón dispós de conta nesta rede social, podes envíalo por correo co texto e os teus datos a cronica3@gmail.com. As 2 imaxes que máis “gústame” reciban obterán senllos premios dun lote de produtos de Conservas Ares de 50 e 30€ respectivamente. O prazo remata o 15 de maio, sube xa a túa!

Exit mobile version