Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela solicita a activación dun servizo de impresión a demanda

Ourense. 31-03-17. Local. Entrevista a Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia.
Foto: Xesús Fariñas

Burela, 6 de abril, 2020. Diante da falta de medidas concretas do Concello de apoio aos sectores da sociedade de Burela, Compromiso vai ir propoñendo accións definidas e realizables, para unha mellor corentena.

A realización de tarefas de estudo na casa, demandan de moito material educativo e didáctico que chega aos estudantes de forma telemática. En condicións normais isto sería asumido polos propios centros educativos. Pero na actualidade supón un gasto extra para as familias, por iso dende Compromiso por Galicia de Burela, solicitamos da Concellería de Cultura:

.Artellar un sistema, para que a impresión se faga en medios do concello.
.Que se faga chegar esas impresións aos demandantes de forma segura.

Esta é unha axuda fácil de aquelar en beneficio dos estudantes de Burela, e supón unha axuda a moitas familias que carecen de medios propios ou mesmo que non poden comprar recambios de materia.

Esperamos que o concello actúe con rapidez e non espere a saber o remanente de tesoureira do 2019, que seguro cando o coñezan terá pasada a corentena.

CxG propón medidas fáciles, imos ver a vontade política do “xestor” Sr. Llano.

Exit mobile version