Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela tacha de “bisoño” ao Acalde e a súa proposta economica sobre o covid-19

 Burela, 1 de abril, 2020. “Desde o Concello vamos utilizar para iso o superávit, que seguro que imos ter cando se faga a liquidación do orzamento do ano pasado aínda que non sabemos exactamente a contía porque iso ten que dicilo a Intervención” estas declaracións do señor Llano, veñen a demostrar a súa nula capacidade de xestión e o engano ao que somete aos veciños de Burela. Comprometese o Señor Alcalde xa que logo a ter a liquidación antes do remate da crise? Facendo teletraballo os quipos de intervención?

Nin unha sola medida concreta, nin datos, nin cifras, unhas declaracións que son un brinde ao sol, buscando única e exclusivamente saír na prensa. Dende CxG manifestamos claramente que é unha IRRESPONSABILIDADE na actual situación.

Mención aparte merece o tema do Plan Único da Deputación, está o Alcalde de Burela recoñecendo que non vai cumprir a memoria presentada? Vai incumprir o disposto na Lei 7/1985 e no R.D. 781/1986? Supoñemos que non o que deixa ver ás claras a súa falsidade.

A realidade é que mentres concellos da Mariña suspenden taxas, axudan ao seu tecido empresarial e buscan opcións de preservar o comercio, o noso concello di que non vai cobrar polas terrazas. Incrible e penoso.

Para estas declaracións non facía falta perder o tempo Señor Llaño, xa que non dixo nada e o que dixo é cando menos preocupante e rozando o ridículo.

Dende CxG solicitamos a suspensión de todas as taxas municipais mentres dure o Estado de Alarma, e a creación dunha liña de axudas directas á Pemes e comercio de Burela de 1.200 euros no caso do cese de actividade.

Exit mobile version