Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia e os deputados no Parlamento destacan que a previsión da Xunta “coloca a provincia de Lugo na pole position da desescalada”

 Lugo, 29 abril, 2020. A presidenta provincial, Elena Candia, e os deputados lucenses na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia destacan que a previsión da Xunta de Galicia “coloca a Lugo na pole position da desescalada”. Así o expuxeron na reunión de traballo telemática que veñen de manter, e na que analizaron as principais liñas adoptadas polo Goberno galego en materia de saúde pública e económica.

Tanto Elena Candia como os deputados puxeron en valor a xestión do titular autonómico Alberto Núñez Feijóo, “pois se os datos son positivos na nosa comunidade, e aínda máis en Lugo, e isto dicímolo con toda a prudencia que esixe a situación, é grazas á altura de miras do noso presidente, quen dende o minuto un, adiantándose a Pedro Sánchez, deseñou unha estratexia para que os galegos e, por tanto, tamén os lucenses, nos vísemos o menor afectados posible pola pandemia”.

Esta xestión, di, Elena Candia, reflíctese tamén no desenvolvemento de medidas que contribúen a paliar as consecuencias socioeconómicas da crise sanitaria. “Salvar vidas e protexernos é e foi sempre o máis importante, pero se agora non poñemos en marcha un plan de recuperación, o Covid-19 vai ser letal para a economía do país, a galega e a provincial. O tecido empresarial lucense así o manifesta publicamente; de aí a importancia da previsión que tivo en todo momento a Xunta de Galicia tanto na coordinación sanitaria como agora, nunha estratexia para a desescalada”, manifestou a dirixente do PP lucense.

A análise, ao detalle
Neste senso, e xa nunha análise máis ao detalle, en materia de saúde pública, a presidenta provincial e os deputados destacaron medidas como o programa de axudas, dotado con 2,5 millóns de euros, para impulsar a reorganización produtiva inmediata da empresas para facer fronte á emerxencia sanitaria e poder producir material sanitario, equipos de protección individual; a adquisición de probas de diagnose, ventiladores, desinfectantes e outro material de protección individual; ou a posta en marcha do maior estudo epidemiolóxico que se fixo en Galicia.

No eido económico, subliñaron o aprazamento dos impostos autonómicos, o acordo cos bancos para adiantar o pago da prestación aos afectados polos ERTEs, que, no caso da provincia, son unhas 4.000 empresas e uns 14.000 traballadores; a mobilización de 250 millóns de euros para inxectar liquidez no tecido empresarial; o aprazamento das cotas de amortización e xuros da liquidación de todos os préstamos formalizados coa administración autonómica e que mobilizan outros 265 millóns de euros; autorización do uso do Fondo de Formación e Promoción das Cooperativas galegas; impulso da comercialización dos produtos agrogandeiros de proximidade; as medidas para a recuperación do sector turístico; a suspensión dos prazos para a presentación de tres impostos autonómicos; etc.

Exit mobile version