Site icon Crónica3.com A Mariña

“Mens sana in corpore sano en confinamiento”, nova actividade da UNED-Aula Universitaria de Foz

 Foz, 17 de abril, 2020. Desde a UNED-Aula Universitaria de Foz tralo gran éxito da actividade “Alimentación saudable en tempos de confinamento” que pertence ao ciclo COIDÁMONOS, cun balance de 211 matriculados, queremos propoñervos outra actividade “Mens sa in corpore san en confinamento”.

A situación provocada polo estado de alarma polo coronavirus fixo saltar polo aire a nosa rutina a todos os niveis. Ante esta situación podes sentirte vulnerable. Todas e todos nos estámonos sentindo así, dun modo ou doutro. Manexar a incerteza, o caos, a confusión ou os medos, tan comúns nunha situación como esta, non é unha tarefa sinxela.

Por elo os días 22, 23 e 24 abril, de 17:00 a 18:30 h. teremos a:

-Sergio Iglesias García.(Ex- futbolista Monitor Deportivo de SINAPSIS)

-María Alicia Lage Neira. (Psicóloga de SINAPSIS)

-María Carmen Marín Arnés.( Logopeda col. 15/223, Clínica Sinapsis)

Explicarannos o importante de:

-Aprender a conter o medo.

-Non obsesionarse co tempo.

-Aplicar a psicoloxía deportiva fronte ao Covid-19.

-Practicar exercicio.

Este curso é gratuíto e realízase integramente online (en directo ou en diferido).
Se queres informarte só tes que poñerte en contacto coa aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699. WhatsApp 604.034.549 ou por correo electrónico foz@lugo.uned.es.

Exit mobile version