Eloi Cabanas, Voceiro do BNG no concello pide unha reflexión e suxire que as mascarillas se poñan a disposición das persoas que verdadeiramente teñen a necesidade de usalas e non das que non teñen a obrigatoriedade de levalas.
Segundo o BNG, a mellor protección é quedar na casa para evitar riscos innecesarios, “non sabemos o que vai durar esta situación e de facerse efectiva no seu momento de forma oficial a recomendación ou a obriga de saír á rúa con máscara, as autoridades sanitarias deberían garantir o subministro suficiente das mesmas e a un prezo razoable”.
O BNG lembra que fai tes días o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pedíalle ao Ministerio de Interior un protocolo único no caso de que se amplíe a máis poboación a recomendación do uso das máscaras porque, “ante circunstancias como a actual pandemia de coronavirus, é precisa unha postura coordinada do uso deste material a nivel estatal” así que non ten moito sentido que o concello reparta agora este material que só vale para unha única saída á rúa cando a Xunta de Galicia está recoñecendo que non sabe como actuar.