Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de persoas pensionistas e xubiladas da CIG denuncia que a crise sanitaria que estamos a viver evidencia as carencias do sistema da dependencia e centros asistenciais en Galiza

A Mariña, 4 de abril, 2020. Desde o colectivo de persoas pensionistas e xubiladas da CIG de Lugo queremos manifestar que a actual crise sanitaria provocada polo COVID-19 está a amosar as deficiencias do sitema público de dependencia e de centros asistencias públicos en Galiza.

Desde o colectivo levábamos varios meses cunha campaña denunciado estas deficiencias, campaña na que recollimos mais de 14000 sinaturas que foron presentadas ante o parlamento de Galiza demandando o reforzamento do sistema público da atención á dependencia.

A realidade do sistema público en Galiza antes da crise era a seguinte:
8000 persoas tiñan sen obter a prestación de dependencia que teñen recoñecida.
Só 86 dos 313 Concellos galegos contan con centro de día público
En canto ás Residencias para perosas maiores ou dependentes, só un 25% son de titularidade pública, e sumando públicas e privadas só hai 3 prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos.

Se algo está a amosar esta crise é a necesidade de ter sistemas públicos de saúde e de atención sociosanitara fortes, o cal amosa que a campaña de denuncia que viñamos facendo desde hai meses da precariedade e deficiencias do sistema era absolutamente real e necesaria.

Por riba, en Galiza as políticas públicas para a atención digna á dependencia son mais necesarias que noutras zonas do estado, debido ao menor poder adquisitivo das nosas pensións. Non esquezamos que as nosas pensións son as segundas mais baixas do estado, que máis da metade das persoas pensionistas na galiza cobran menos de 706€ ao mes, situación de precariedade das nosas pensións onde as mulleres son as mais perxudicadas.

É por iso, que despois desta crise, as administración públicas responsables das pensións e do sistema de atención á dependencia, tanto o Goberno do estado, como o Goberno da Xunta de Galiza deben de reforzar o sistema, como garante tamén de contención en casos de crises como a que desgradiacidamente estamos a viver.

Exit mobile version