O rexedor municipal engade que “esta actuación no camiño de Alemparte, entre a Nacional 642 e o Camiño Real, está financiada con 48.000 euros de fondos propios do Concello e consiste na renovación da tubaxe de abastecemento de auga, coa substitución da anterior condución por unha canalización de PVC de 75 milímetros de diámetro e 10 atmosferas de presión, xa realizada. E en canto ao asfaltado do viario farase con aglomerado en quente con mestura bituminosa tipo D-12 e ademais disporase a sinalización necesaria”.