Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo manterá unha reunión por videoconferencia coa asociación de empresarios para avanzar no plan transversal creado para axudar aos sectores máis afectados polo Covid-19

 Mondoñedo, 5 de abril de 2020.- Representantes do goberno de Mondoñedo materán mañá luns, ás 11:00 horas, unha reunión por videoconferencia co presidente da asociación de empresarios local, Ángel José Marful Castañal. A través deste encontro telemático, dende a entidade local pretenden continuar avanzando no desenvolvemento do plan transversal anunciado o día 23 de marzo para axudar dende o Concello aos sectores máis afectados pola crise do Covid-19, converténdonse este, din, “na forma de traballar”.

Asemade, dende o Executivo mindoniense avanzan que aproveitarán a cita para explicar ao representante dos empresarios algunhas das propostas incluídas en dita iniciativa, así como para escoitar ao colectivo que representa Marful Castañal, pois aglutina a un número moi significativo de actividades económicas do municipio. En total, a 71 asociaciados dos distintos sectores: comercial, agroalimentario, hostaleiro, mecánico e do automóbil, asesorías, perruquerías, farmacias, floristarías, construción, sanitarios, entre outros. Destes, 42 teñen pechada a súa actividade por mor do coronavirus.

Exit mobile version