Coas peticións recibidas ao longo da semana pasada cubríronse as existencias do material disponible; ao longo dos vindeiros días, acabarase de entregar todo o material solicitado ata o pasado venres, xa que todas as peticións recibidas ata ese día van a ser atendidas.
Se houbera previsión de poder dispoñer novamente de material suficiente para poder realizar unha nova entrega de mascarillas, volveríanse a habilitar os números de teléfono, abrindo un novo periodo para que todos os veciños e veciñas puideran realizar máis pedidos.
Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer, unha vez máis, a todas aquelas persoas que están a traballar nesta iniciativa solidaria para a confección e reparto de mascarillas entre distintos colectivos.