Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembra a veciñ@s e visitantes que os desprazamentos están restrinxidos polo estado de alarma e que esta Semana Santa toca quedar na casa

 A Mariña, 3 de abril de 2020. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Fran Cajoto, lembra a veciñ@s e visitantes que os desprazamentos están restrinxidos polo estado de alarma e que esta Semana Santa toca quedar na casa.
Cajoto dixo: “desde a Mancomunidade da Mariña queremos recordar que os movementos están restrinxidos. Seguimos en estado de alarma, entón diante dunhas datas, como poden ser as da Semana Santa, habituais de desprazamentos da poboación á súa segunda residencia ou lugares vacacionais, nesta ocasión non se pode facer”.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense fixo un chamamento “para que todo o mundo neste ano 2020 pola Semana Santa quede nas súas residencias habituais, que non faga movementos, que limite os contactos e que tempo haberá cando esta crise pase para disfrutar da Mariña. A nosa comarca é un sitio ideal para gozar das vacacións, pero non neste momento”.
Fran Cajoto pediu “responsabilidade sobre todo á poboación e facerllo chegar a todo o mundo para que ninguén se despiste e que todos quedemos na casa”.

Exit mobile version