Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro 30 de abril terá lugar o primeiro pleno telemático no Concello de Burela. Entre os asuntos que se abordarán figuran o Plan Único e a adxudicación do servizo de recollida do lixo

 Burela, 22 de abril de 2020. O vindeiro 30 de abril terá lugar o primeiro pleno telemático da historia de Burela. Hoxe tiveron lugar as probas preparatorias. Na orde do día figuran asuntos como o Plan Único, o inventario municipal ou a adxudicación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “hoxe fiixemos unhas probas telemáticas con persoal da Deputación porque este é un servizo que podemos empregar grazas ao persoal e aos equipos do organismo provincial”.
O rexedor subliñou que “vamos facer o primeiro pleno telemático da historia de Burela o xoves da vindeira semana, día 30, e hoxe estivemos facendo unhas probas para levar a cabo esa sesión, na que irán catro puntos: o inventario municipal; a cooperación cos concellos polo clima, porque agora mesmo corresponde ser rigorosos cos temas de medio ambiente e nós queremos estar aí tamén; a adxudicación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria; e as obras do resto do plan Único”.
A sesión dará comezo ás 20:00 horas. “Fixemos hoxe unhas probas e todo resultou ben, polo que penso que non vai haber ningún problema”, engadiu Alfredo Llano.

Exit mobile version