En coordinación cos servizos sociais dos concellos de Burela, Foz e Ribadeo, tamén estase a facer un seguemento de 30 familias nas que se valoran as súas necesidades de axuda económica para facer fronte aos gastos básicos de alimentación e hixiene. Nesta atención lévanse investidos 4.950€ repartidos en vales de compra para diferentes supermercados da zona. É importante tamén destacar que nestes seguementos dase moita importancia ao acompañamento social e psicolóxico para que estas familias, todas con fillos menores, podan levar adiante o confinamento coas mellores condicións materiais e emocionais.