O sector agroalimentario é, sobre todo nestes momentos, un sector estratéxico para a economía española. A certificación acreditada dos produtos achega garantías aos consumidores de que se cumpren todos os requisitos legais. En Pescados Rubén, a todas as fases da produción, desde as manuais ata as informáticas e robotizadas, son sometidas a estritos controis de calidade, o que permitiu á empresa dispoñer de sucesivas certificacións de produto desde hai máis de 16 anos.
De feito a calidade é un factor básico dentro da filosofía de Pescados Rubén. O peixe que chega á súa fábrica é sometido a análises constantes a fin de asegurar unha óptima calidade en todas as fases de produción e en toda a súa gama de produtos do mar, cumprindo uns estándares adecuados en cada fase da elaboración do produto final, analizando os seus parámetros de frescura, temperatura, etiquetaxe, etc.
A Norma UNE ES ISO 22000:2018 especifica os requisitos que debe cumprir un sistema de xestión para asegurar a inocuidade dos alimentos ao longo de toda a cadea alimentaria ata o punto de venda como de consumo final. A norma está dirixida a calquera organización que estea directa ou indirectamente involucrada na cadea alimentaria, independentemente do seu tamaño ou complexidade.
Os obxectivos desta certificación pasan sobre todo por reforzar a seguridade alimentaria, baseada en procesos de mellora continua, e asegurar a protección e confianza do consumidor; levando un control máis eficiente e dinámico dos riscos para a seguridade alimentaria.
Pola súa banda, o certificado IFS Global Markets Food indica que a empresa certificada ten establecidos procesos apropiados para garantir a seguridade dos produtos que fabrica e que respecta as especificacións dos seus clientes.
No seu percorrido desde o mar ata a mesa os produtos pesqueiros poden atravesar unha cadea de subministración moi complexa, e Pescados Rubén cumpre tamén co Estándar de Pesquerías de MSC en diversos produtos. O seu selo azul determina se unha pesqueira está a ser ben xestionada e é sostible, e garante a trazabilidade dos produtos procedentes de pesquerías sostibles con certificación de MSC.
A acreditación convértese ademais nunha ferramenta de garantía internacional que facilita o acceso a novos mercados, por iso Pescados Rubén conta tamén con certificación en SAE (Sistema Auditado de Autocontrois Específicos) para a exportación de alimentos de orixe animal a terceiros países.