Site icon Crónica3.com A Mariña

6º Videofaladoiro de Nordés este sabado, “Memoria esquecida. A nosa arte rupestre”

 O Vicedo, 19 de maio, 2020. O próximo Videofaladoiro de Nordés será o sábado 23 ás 19.00h. e terá o título de “Memoria esquecida. A nosa arte rupestre”.

Con nós estará Luís Leclere, membro fundador do Colectivo A Rula, asociación conformada para a procura da conservación e valoración social dos petróglifos, prestando especial atención aos da comarca de Santiago.

Os petróglifos do noroeste peninsular constitúen un dos focos de arte postpaleolítico europeos de maior interese. A pesares disto, na actualidade, a súa conservación está en grave risco. O abandono da explotación económica de boa parte dos nosos montes, os lumes periódicos ou a xeralización do emprego de maquinaria pesada nas tarefas forestais son os principais factores que poñen en perigo a súa supervivencia. De xeito que tódolos anos estamos a vivir a desaparición de estacións coñecidas xunto a segura desaparición doutras que non o son. A todo isto únese a falta dun catálogo de xacementos completo, a grandes lagoas na prospección en moitas zonas de Galicia e a deficiente descrición dos paneis o que conflúe nun coñecemento moi limitado desta manifestación cultural que, a pesares destas limitacións, ten sido asumida como un elemento importante da nosa identidade como pobo.

Para escoitar a Luis Leclere tedes dúas opcións:

A través do Jitsi Meet, onde podedes interactuar directamente. Para isto é preciso anotarse antes do venres 22 de maio ás 14:00h.Telegram/Chamada a 620417848 (Luis). Recibiredes un enlace para participar na charla e para a proba de conexión do venres 22 ás 19:30h.
Faremos unha proba de conexión no Jitsi Meet para resolver posibles problemas de uso, dúbidas, etc.
A segunda opción é a través da nosa canle de Youtube, en directo ou diferido: https://youtu.be/ZWMTTzxzsFc

Exit mobile version