Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detén no Vicedo a dous furtivos por supostos autores dos delitos de desobediencia e resistencia a Axentes da Autoridade e contra os recursos naturais

 O Vicedo, 27 de maio de 2020. A Garda Civil detivo no termo municipal do Vicedo a dous veciños de Valdoviño como supostos autores dos delitos de desobediencia e resistencia a Axentes da Autoridade e contra os recursos naturais.

Os presuntos furtivos foron sorprendidos pola Garda Civil nunha zona moi coñecida da Mariña Lucense á que só se pode acceder a pé, xa que o acceso a ou Fuciño do Porco con vehículos non está permitido.

Intervíuselles un total de 12 kgs de percebe e os útiles cos que realizaban a súa captura de maneira ilegal.

O marisco incautado entregouse a un centro benéfico da localidade lucense de Viveiro.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

Exit mobile version