Site icon Crónica3.com A Mariña

A partir deste luns reabre o aparcadoiro soterrado de Viveiro

A partir desa mesma data, comezará a funcionar de novo a zona ORA, que tamén fora suspendida dentro das medidas adoptadas para evitar a propagación do COVID-19. Dende o Concello pídese a todos os usuarios destes servizos que se extremen as precaucións e se cumpran estritamente todas as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades competentes, lembrando que o uso de mascarillas é obrigatorio para os maiores de 6 anos en todos os espazos públicos, abertos ou pechados, cando non se poida garantir os dous metros de separación co resto de persoas.

Exit mobile version