Site icon Crónica3.com A Mariña

A vicepresidenta avoga pola “intervención pública” para manter a produción de aluminio e os empregos en San Cibrao

 Lugo, 29 de maio. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro reclamou unha “aposta valente” dos gobernos galego e central para evitar o peche da planta de aluminio de San Cibrao, que suporía o despedimento de máis de 800 traballadores e traballadoras e que incidiría no desmantelamento industrial da comarca da Mariña e do país.

Ferreiro avogou pola “ intervención pública” para manter a produción de aluminio e dos postos de traballo no complexo industrial cervense que, lembrou, desde a súa privatización recibiu cuantiosas “sen un control ou seguimento que obrigase á compañía a manter o emprego e modernizar as instalacións”

A vicepresidenta considera “que non houbo un interese político en salvar Alcoa, nin o sector industrial, como non houbo tampouco interese en salvar outros sectores produtivos do país como o agrario ou o pesqueiro”. Nesa liña, sinalou a necesidade dunha “tarifa eléctrica galega que permita utilizar a nosa condición de país produtor de enerxía para o desenvolvemento económico e o benestar social.”

Exit mobile version