Maite Ferreiro discrepou sobre a idoneidade da data, dada a situación sanitaria que atravesa o país, mais sinalou que “as eleccións do 12 de xullo son tamén unha oportunidade para conseguir un cambio necesario á fronte do goberno galego”. “Nesta crise sanitaria evidenciouse unha vez máis o abandono da Xunta cos concellos, que tiveron que afrontar medidas de seguridade sanitaria e protección social que non lles son propias pola pasividade dun goberno de Feixóo, que neste tempo estivo máis preocupado polas eleccións que pola saúde e as necesidades reais das galegas e galegos”, argumentou.
A vicepresidenta engadiu que “precisamos unha Xunta valente, que dote aos concellos de estabilidade nos ingresos, con mecanismos que garantan a obxectividade á hora de atender as súas necesidades, como facemos na Deputación de Lugo e alí onde o BNG ten responsabilidades nos gobernos