Site icon Crónica3.com A Mariña

As persoas asociadas e o persoal dos establecementos do CCCHV de Viveiro lucirán un crespón negro na solapa durante os días de loito decretados polo Goberno como recordo ás vítimas da pandemia

Os lazos foron realizados de maneira gratuíta polos comercios asociados A Bolboreta e Paquetería Nuria. A iniciativa, proposta pola directiva, tamén pretende ser unha homenaxe ao sacrificio de todos os profesionais que prestaron os seus servizos poñendo, en moitos casos, en perigo as súas propias vidas. O Comercio Asociado de Viveiro aproveita para reiterar o seu compromiso na calidade das medidas sanitarias adoitadas, así como o cumprimento das normas que garantan unha desescalada exitosa e minimice o risco de repunte do virus.

Exit mobile version