Este é o segundo dos encontros que se realiza co tecido empresarial deste municipio, a petición do Concello de Vicedo e coordinados desde a axencia de emprego local e, neste caso, tiña por obxecto dar conta do material informativo elaborado pola Xunta para contribuír a resolver as dúbidas sobre como retomar a actividade.
De feito unha das principais novidades é a publicación dunha guía –actualizada- que recolle as recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus no comercio. Este documento e os seus folletos informativos están a disposición do sector no enlace http://issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentacion/publicacions/GUIA_COMERCIO_Actualiz_8_mayo_20.pdf
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral tamén elaborou guías de prevención noutros sectores que poden consultarse na web deste organismo. Así mesmo, na reunión avanzaron que a Xunta tamén difundirá unha guía con pautas preventivas para o sector da hostalería, accesible na web de Turismo de Galicia.
Por último e xa no ámbito laboral Balseiro confirmou que a día de hoxe se presentaron no Vicedo nove expedientes temporais de regulación de emprego (Ertes), oito deles no sector hostaleiro. A Xunta aceptou todas as solicitudes.