Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas
redac
Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado. Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.