Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Asociación de Hostelería de Barreiros a respecto da reapertura dos establecementos asociados

 Barreiros, 10 de maio, 2020. A asociación de Hostelería de Barreiros vén de reunirse de xeito telemático este venres 8 de maio, coa finalidade de poñer en común as sensacións e dúbidas sobre a reapertura do sector hostaleiro. Na conversa grupal acháronse os seguintes puntos de consenso que derivan en que, polo menos a día 11 de maio, ningún dos establecementos adheridos reanudará de momento a súa actividade.

Expóñense a continuación os sentimentos e conclusións compartidas:

– Compártese sensación de dúbidas e incertidume a respecto do como e cando reabrir os negocios,

– Compártese a dúbida, e incluso certo temor, sobre como ofrecer o servizo con garantías sanitarias ante a carencia de medidas oficiais concretas que repercutan en confianza e responsabilidade para con a clientela, o persoal e coa mesma xerencia dos negocios,

– Que dita inseguridade en materia sanitaria conleva consigo inseguridade no eido lexislativo debido a que se descoñece se a forma na que se reabran os establecementos, a falta de medidas oficiais a aplicar, pon en perigo a seguridade sanitaria, e que en caso afirmativo poida acarrear un proceso expedientario ou denuncia,

– A isto engádese que, aínda cando aplicando todas as medidas que se determinen poida darse un foco infeccioso nun establecemento, máis probable é este suposto cando non existe un protocolo estandarizado a aplicar. De darse, este feito suporía a desconfianza no establecemento, e afectaría incluso á contorna como destino turístico,

– A apertura dos aloxamentos (hoteis, pensións, apartamentos, etc.) considérase practicamente inviable cando non se poden producir de momento desprazamentos entre provincias,

– Existe incerteza e descoñecemento sobre que persoal afectado por ERTE debe reincorporse e as dúbidas sobre o mantemento das axudas económicas recibidas por autónomas/os por cese obrigatorio de actividade,

– A incerteza exposta no punto anterior repercute en dúbidas sobre a sostibilidade económica e supervivencia dos negocios, e polo tanto, tamén do equipo que depende do mesmo,

– E a todo o anterior engádese a dúbida a respecto de se aínda sendo posible abrir con todas as garantías, se dará o fluxo de clientela necesario para o sostibilidade económica destes negocios.

Ante a concordancia nestes puntos:

– os establecementos integrantes da asociación de Hostelería de Barreiros informar de que ningún dos establecemento adheridos reabrirá o 11 de maio, xa que aínda que se coñeceran neste preciso momento, 8 de maio, os protocolos en materia de medidas hixiénico-sanitarias a aplicar, non existiría tempo material para acondicionar os espazos, reorganizar a actividade e o persoal, e formar ao equipo como procede para esta nova forma de traballar.

– a reapertura dos establecementos farase de forma escalonada, de acordo ao ritmo de adecuación de cada establecemento á “nova normalidade”, tendo en conta que cada negocio ten a súa casuística particular.

___
Comparten esta comunicación os seguintes establecementos:

– A Lume Manso
– Apartamentos A Palleira
– O Asador
– A Yenka
– Bar Lozano
– Cabanas da Barcela
– Café Bar Moderno
– Casa Melva
– Casa Brais
– Cafetería Centro Social
– Nicanor
– Hotel A Finca
– Ría do Masma
– Rías Altas
– Tentempé Peregrino

Exit mobile version