Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén, Ourense Envialia e Alcorcón FSF, os catro primeiros clasificados, serán os candidatos ao trofeo de 2019-20, nunha cita sen afluencia de público.
O Pescados Rubén volverá contar con dobre representación na elite en 2020-21. A falta de 7 xornadas e con 21 puntos en xogo, o conxunto masculino mantén a categoría, de acordo coa disposición de dar por finalizada a competición sen descensos (en todas as categorías de fútbol sala).