A Coruña, 28 de maio de 2020.
“Nestes once anos de Goberno de Feijóo, a Xunta ten sido un mero espectador do desmantelamento da industria de Galicia, da destrucción de miles de postos de traballo no sector e da depauperación de comarcas enteiras”, dixo Gómez Reino.
“Alcoa é o exemplo máis dramático de como a desidia e a incompetencia dun gobernante poden poñer en risco a forma de vida de centenares de familias de traballadoras ”, engadíu.
O voceiro da coalición lembrou que o Estatuto de Galicia otorga á Xunta plenas competencias en materia de promoción económica e de protección da industria, e que, polo tanto, corresponde a Adminstración autonómica adoptar as medidas necesarias para protexer, promover e asegurar a continuidade da actividade en Alcoa.
“O presidente da Xunta desenténdense das súas obrigas cando responsabiliza a outras administracións de non asumir as competencias que en realidade lle corresponden a el. Galicia leva once anos perdendo músculo industrial e non existe estratexia algunha para frenar esa sangría e para impedir que as deslocalizacións estean a converter o noso país nun deserto industrial. Alguén lembra unha soa actuación de Feijóo destinada a garantir a viabilidade de Alcoa? Alguén pode citar unha soa medida da Xunta pensada para impedir a descomposición da industria galega? Alguén pensa que Feijóo vai sacar a Galicia desta crise e a desenvolver un modelo produtivo e de crecemento económico que garanta o futuro do país?”.
Gómez Reino avogou por conformar un Goberno de progreso na Xunta “que exerza as competencias que lle corresponden” e que deseñe un novo modelo productivo para Galicia para “dotar de seguridade xurídica e de apoio institucional ás empresas para garantir non só o mantemento do emprego, senón a creación de postos de traballo no sector”.
Finalmente, o voceiro da coalición anuncio que o grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia pedirá a comparecencia de Feijóo na Deputación Permanente da Cámara para someter ao control parlamentario “a inacción da Xunta” ante a enésima amenaza de fuga dunha das súas industrias de referencia.