Site icon Crónica3.com A Mariña

Gonzalo Caballero rexeita a decisión de Alcoa. “Unha empresa que recibiu axudas multimillonarias, ten que manter o emprego”

 Santiago, 28 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou hoxe o seu rexeitamento á decisión de Alcoa de despedir a 534 traballadores da planta de San Cibrao.

“Non podemos asumir o anuncio de Alcoa sobre despidos e emprego”, subliñou Gonzalo Caballero unha vez que transcendeu a decisión da compañía de iniciar un proceso de despido colectivo, consciente de que se trata dunha empresa que “recibiu axudas multimillonarias durante anos”.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos urxiu “máxima implicación” aos goberno de España e Galicia para traballar no mantemento do emprego na bisbarra da Mariña. Sobre todo, como dixo, á vista de que Feijóo ata agora está actuando como “un mero espectador”, sen colaborar e sen exercer as súas competencias no eido industrial.

Exit mobile version